O documental Topografías do abandono de alg-a.org xa na rede.
Unha reflexión crítica sobre os espacios abandoados e a nosa necesidade dun laboratorio de creación físico.
“O cable fixo un emocionante percorrido por xardíns de veciños, baixos de coches aparcados, toxos e ramalla variada, ata topar cun furado no ladrillo que tapiaba a fiestra da nave principal. Por ese furado entrou a luz. a primeira luz artificial en moito tempo que viu aquel espazo foi o led do proxector.
A eso das 6 da tarde comezaron a chegar os primeiros visitantes. un pouco máis tarde proxectábase o documental "Topografías do abandono", un filme que fai un mapa dos espazos abandoados nas poboacións galegas (neste caso, Vigo), xunto cunha acción alg-a reivindicando un lugar físico de creación colectiva, e rematando cunha entrevista que lle fixemos ó arquitecto e artista Santiago Cirugeda [en breve, poderedes ve-lo video en alg-a.org]. Lugares abandoados proxectados sobre as paredes húmidas e mohosas doutro espazo ex-abandoado.”
Título: Topografías do Abandono
Dirección: Roi fernández Alonso, Isaac Cordal Quintáns
Edición / postproducción: Roi fernández Alonso, Isaac Cordal Quintáns
Cámaras: Roi fernández Alonso, Isaac Cordal Quintáns, Berio Molina Quiroga.
Voces off: Antía Sánchez Alonso, Natasha Crofton.
Música: Madame Cell

