Isaac Cordal
  • News
  • Cement eclipses
  • Instalaciones
  • Audio
  • Videos
  • Txt

  • Contact
  • Press


  • Sign up for my newsletter!
  • Nossomosson na Normal, A Coruña, GZ. Spain
    Friday 23 March 2012 | en Instalaciones

    Do 12 de marzo de 2012 ao 27 de abril de 2012 NORMAL. Espazo de Intervención Cultural. Universidade da Coruña Paseo de Ronda 47, A Coruña

    A miña instalación está composta de tres torsos modelados en malla metálica colgados horizontalmente e que viran por medio dun motor situado no teito. Mediante leds, situados a pouca distancia, a luz pasa a través da malla de arame reproducindo o obxecto modelado sobre a parede.

    Txt da expo

    O son, terra libre da linguaxe, por fin. Lonxe da dualidade, corpo e mente, espíritu e materia, natureza e civilización, profano e sagrado, onde resoan as esencias comúns do universo e dos seres humanos, unha viaxe cara á nosa orixe. Ser orixinais. A materia e o universo como ondulación, as relacións como resonancias, os afectos como vibracións.

    Unha exposición que se podería encadrar dentro da arte sonora, unha exposición como ecosistema e territorio de posibilidades, en que se propón un corpo a corpo coas instalacións sonoras, onde o visitante se poida converter nunha terminal que activa, desactiva, modula e, en definitiva, habita ese territorio á súa vontade. Sen intermediarios nin conceptos. Puro fluír, presente continuo, corpo e máquina fundidos nunha éxtase para os sentidos.

    Fotos de Manuela Barile